viernes, 20 de junio de 2014

A TERRA O NOSO PLANETA



Este curso estivemos realizando na clase o proxecto “ A terra o noso planeta “.E coma en proxectos anteriores ,desenvolveuse a través de varias fases:
1º-Elíxese como centro de interese:A terrra
2º-Explicaselle ao alumnado o proceso de elaboración do proxecto.
3º- Plantexase a pregunta: Que sabemos? A cal respostase a través dun remuíño de ideas e un cuestionario de ideas previas.
4º- Unha vez establecidos os grupos de traballo, decidese respostar á pregunta: Que queremos saber? Nesta fase, dedicámonos a buscar a información a través de distintas fontes. Despois, seleccionamos esa información e expoñémola publicamente para extraer as ideas principais.
5ª-Sintetizase a información recollida ao longo do proceso.
6º-Avaliase a través da observación do traballo desenvolvido e de preguntas realizadas pola titora oralmente, comprobando o nivel de adquisición dos contidos básicos.
Ao longo deste proceso traballanse as competencias básicas, especialmente as de iniciativa e autonomía persoal, comunicación lingüística, e tratamento da información e competencia dixital.



TRABALLOS FEITOS POLO ALUMNADO


 



 
 
OS NOSOS DISFRACES TAMÉN FORMARON PARTE DO PROXECTO